O Concello ultima os trámites para continuar coas humanizacións de Aragón e Gregorio Espino
O rexedor deu conta do avance na tramitación para continuar coas humanizacións das rúas Aragón e Gregorio Espino. No seu conxunto, estes traballos ascenden a preto dun millón de euros, tal e como explicou o rexedor.
O goberno local deu luz verde á clasificación de ofertas para a contratación da humanización da IV fase da rúa Aragón. Cun orzamento de case 500.000 euros, actuarase en 300 metros de rúa, con nova pavimentación, substitución de redes, instalación de luminarias led, de xardineiras, ademais da reforma do mobiliario urbano. Na mesma sesión da Xunta de Goberno, tamén se aprobou a clasificación de ofertas para a fase II de Gregorio Espino, cun orzamento que tamén oscila o medio millón de euros. A actuación está comprendida entre Travesía Pino e a rúa San Roque e inclúe a renovación de redes, pavimentación en granito, renovación de alumeado, mobiliario e xardineiras, entre outros.
Na mesma rolda de prensa, o alcalde deu conta, asi mesmo, da certificación final do proxecto da humanización de Marqués de Valterra, cun investimento de 181.000 euros. Nesta ocasión, renovouse o abastecemento e saneamento, colocouse nova pavimentación, fixeronse obras de accesibilidade e instalarónse árbores e luminarias led.