martes, 18 out 2016
Os traballos de cubrimento da cuberta de Tribuna con tiras de alumnio azul celeste arrancarán en breve, unha vez anclada a armazón. Ao mesmo tempo, dixo o alcalde, xa está en licitación a reforma da grada de Río, por un valor superior aos seis millóns de euros.
martes, 18 out 2016
O rexedor deu conta do avance na tramitación para continuar coas humanizacións das rúas Aragón e Gregorio Espino. No seu conxunto, estes traballos ascenden a preto dun millón de euros, tal e como explicou o rexedor.
martes, 18 out 2016
O rexedor recibiu este martes a un grupo de estudantes de 4º e 5º curso de Educación Primaria do CEIP Coutada-Beade que visitaron as instalacións municipais dentro do programa "Coñece o teu Concello", onde aproveitaron para facerlle cuestións e propostas a Abel Caballero. Con esta iniciativa, o alumnado achégase ao labor que desenvolve o goberno local e teñen coñecemento, de primeira man, do funcionamento da institución municipal.
martes, 18 out 2016
O alcalde mantivo un encontro este martes coa Agrupación de Veteranos do Fútbol de Vigo que congrega a 110 equipos de toda a Área Metropolitana, dos que corenta e cinco son do municipio olívico e o resto pertencen a concellos da área metropolitana. Abel Caballero transmitiulles que contarán coa colaboración do Concello para continuar participando na liga de veteranos dándolles cobertura para que se manteñan nesta competición e na práctica do deporte, unha acción que contribúe a facer cidade, segundo apuntou. <br />
martes, 18 out 2016
O Centro de Documentación e Recursos feministas acolle a presentación do libro "Nadie muere la víspera" de Stella Estrada o mércores, 19 de outubro de 2016 ás 19.00 horas. Interveñen Stella Estrada e Xesús Alonso Montero.<br />
<br />
<br />