xoves, 26 xuñ 2014
Un total de 450 maiores de 65 anos participaron desde o mes de setembro no programa de actividade física para a terceira idade. O rexedor participou hoxe na clausura desta iniciativa municipal que oferta cursos de natación e ximnasia nas intalacións de Lavadores, Teis e As Travesas.
xoves, 26 xuñ 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a decimocuarta edición da Vigo Cup, prevista do vindeiro luns día 30 ao 6 de xullo para fútbol (sub 14 e sub 16) e fútbol 7 (sub 7, sub 8, sub 10, sub 12 e Damas). O tradicional campionato, torneo internacional de fútbol base, é non só "un gran evento deportivo", explicou o rexedor, senón tamén "unha mobilización masiva en torno ao fútbol", organizada polo Concello a través da colaboración da Concellería de Deportes, a Fundación VIDE e o IMD.
xoves, 19 xuñ 2014
O Campionato de España de ximnasia acrobática recibirá nas Travesas este venres e sábado a máis de 250 deportistas de oito clubs pertencentes a catro comunidades autónomas (Madrid, Andalucía, Valencia e Galicia), nun evento que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu como "case inconcibible e imposible de imaxinar", polo que pediu que a cidadanía se envorque con "este deporte de beleza excepcional".
mércores, 18 xuñ 2014
A Nocturna de San Xoán regresa este luns (21:15 horas) para disputar a trixésima primeira edición desta proba atlética co percorrido habitual: dende o Paseo de Granada (á altura do Concello) ata os soportais do Berbés, coa única variación de que o final de Tomás A. Alonso, en obras de humanización, esquívase por Camilo Veiga.
luns, 16 xuñ 2014
As obras de construcción do complexo deportivo e da escola infantil de Navia avanzan a bo ritmo, segundo avanzou esta mañá de luns o rexedor. Tal e como indicou, o novo centro escolar podería estar operativo a comezos do ano que ven.
luns, 16 xuñ 2014
A terceira edición de "Pedaleando pola Infancia" terá lugar este domingo, desde as 11 horas na Praza do Rei, cun euro de donativo polo dorsal. Ademáis, ás 19 horas no Auditorio Mar de Vigo, o alumnado do colexio Niño Jesús de Praga representará "Sonrisas e Lágrimas", tamén en beneficio de UNICEF.
venres, 6 xuñ 2014
Douscentos corredores se darán cita o domingo 8 de xuño no I Trial Montes de Vigo, "unha grande proba popular" de 25 kilómetros que terá a saída e a chegada en Fragoselo (Coruxo). Na presentación, o alcalde "invitou "a toda a cidade a participar e presenciar este evento que atravesa as parroquias de Coruxo, Saiáns, San Miguel de Oia, Comesaña e Valladares.
martes, 3 xuñ 2014
O fútbol vigués ten o seu momento estelar coa Copa Vigo, o torneo máis vello de Galicia ao terse iniciado en 1933. Directivos e futbolistas arrouparon ao alcalde da cidade, Abel Caballero, e ao concelleiro de Deportes, Manel Fernández, na presentación do evento, que o rexedor definiu como "unha tradición que moi poucos poden exhibir no mundo. Oitenta e un anos de Copa Vigo é unha forma de entender o fútbol e o deporte na cidade de Vigo".
venres, 30 mai 2014
O alcalde de Vigo visitou este venres na Madroa aos xogadores da selección española Sub-19 de fútbol, que disputan na cidade olívica esta competición de combinados nacionais na que tamén participarán Alemaña, Lituania e Dinamarca. Caballero tamén trasladou a súa satisfacción polo encontro que disputarán en Balaídos as absolutas de España e Alemaña no mes de novembro.
xoves, 29 mai 2014
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a decimoquinta edición do Campus Polideportivo VIDE, un evento que se celebrará nas instalacións municipais das Travesas do 23 ao 27 de xuño cunha oferta de 200 prazas para nenos e nenas de 8 a 14 anos. O prazo de inscripción arranca o luns, 2 de xuño no edificio do IMD.