venres, 9 mai 2014
Abel Caballero explicou que os orzamentos de 2014 adican 1,3 millóns de euros a potenciar o deporte na cidade. Desta cantidade, a Xunta de Goberno local adxudicou hoxe venres 416.000 euros para os clubes de élite, mentres que o deporte de base recibirá uns 900.000 euros.
venres, 9 mai 2014
O alcalde invitou a todo Vigo a achegarse mañá sábado ao Pavillón de Bouzas onde, a partir das 17,00h, dará comezo o Torneo de Kárate Infantil Cidade de Vigo. A vixésimo sétima edición deste certame reunirá a 300 nenos, de entre 5 e 18 anos, que competirán en diferentes categorías.
xoves, 8 mai 2014
O 18 de novembro, a Selección Española disputará un encontro con Alemaña no estadio vigués e o alcalde quixo felicitar a Carlos Mouriño, presidente do Celta, por ser o artífice de que o conxunto de Del Bosque celebre un amistoso contra o equipo xermano. En verbas de Caballero, "é un recoñecemento a todo o fútbol vigués".
xoves, 8 mai 2014
O alcalde animou na mañá deste xoves á participación na Media Maratón que percorrerá as principais rúas da cidade, o día 11 de maio.
mércores, 7 mai 2014
O Concello de Vigo coopera, un ano máis, coa organización das Series municipais de Atletismo, que se veñen desenvolvendo dende o ano 1983 na nosa cidade. As pistas de Balaídos acollerán un total de 5 probas esta tempada de verán de diferentes modalidades e categorías.
martes, 6 mai 2014
A explanada do Náutico será o escenario dun festival que xa é referente internacional no ámbito dos deportes de acción e cultura urbana. O Marisquiño, cualificado polo alcalde de Vigo como "o acto máis importante a nivel económico, é o evento que máis turistas achega á cidade en todo o ano, segundo apuntou o rexedor. Serán 8, 9 e 10 de agosto os días escollidos para esta festa do skate, e agárdase o dobre de público asistente en relación á pasada edición, grazas, entre outras novidades, á celebración dentro do O Marisquiño da Copa do Mundo de Skateboard.
luns, 5 mai 2014
O alcalde de Vigo, xunto co adestrador do Celta Indoor, Moncho Carnero, e algúns dos xogadores do conxunto vigués, invitou a toda a cidadanía a participar dun encontro, que de gañarse, podería dar o pase a semifinais ao conxunto de veteráns celestes. A cita será este venres, 9 de maio, ás 20,45 da tarde no Pavillón de As Travesas.
xoves, 24 abr 2014
Esta fin de semana, os pavillóns de Navia e Lavadores acollen as primeiras fases do Campionato de España Xuvenil de Balonmán, masculino e feminino, nos que os vigueses Academia Octavio e o Balonmán Lavadores participan, respectivamente, como campións galegos. De sair vencedores disputarán a fase final do Campionato.
xoves, 24 abr 2014
O concelleiro de Fomento participou hoxe xoves na presentación da 7ª edición de A Pedaliña, unha actividade de promoción do uso da bicicleta, organizada en colaboración con A golpe de pedal. O sábado 26 de abril haberá actividades lúdicas no Castro e o domingo 27 sairá as 11,00 horas unha marcha en bicicleta que partirá da Porta do Sol.
martes, 22 abr 2014
O alcalde recibiu e felicitou ao club vigués de loita San Ignacio, que ven de proclamarse no mes de marzo campión de España en categoría senior feminina e subcampión junior, en Madrid. Caballero solicitoulles que as sete deportistas ofrezan no verán unha exhibición no centro da cidade.