Caballero di que a Nocturna Correndo por Vigo, en xullo, ten xa a súa singularidade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a cuarta edición da Nocturna Correndo por Vigo, a proba atlética que dende 2013 converteuse na referencia do "running" nas Travesas e que nesta edición abandonou o sempre impredicible maio para irse ao 2 de xullo ás 21,00 horas.
Organizada polo Club de Deportes Carlos Miguel.com e con David Posada como cabeza visible do evento, a competición popular desenvolverase nun circuíto de 5 quilómetros con saída e meta na Florida (ante o mercado das Travesas); precisamente as avenidas de Florida e Castelao, con paso pola Praza de América, serán os eixes principais.
Caballero valorou que "estamos diante dunha gran carreira que xa creou a súa propia cultura porque é distinta, coa súa propia singularidade; ao arrincar pola noite dálle un rango de atletismo distinto", manifestou o rexedor, que resolveu cun "iso non é nada" a meirande das distancias a percorrer: 10.000 metros.
"É unha gran proba deportiva tamén con carreiras para nenos e nenas", indicou o alcalde, que invitou "a toda a cidadanía" a que se inscriba. Este ano regresan as carreiras para os valores máis cativos que se fixeron en 2014 e inclúese a novidade dunha proba absoluta de 5.000 metros (unha soa volta ao circuíto).
Dende a organización, Posada sostivo que "o alcalde é o primeiro que se implica neste tipo de eventos", o que cualificou de "moi importante" para a promoción da proba e do alcance "dun ambiente festivo, que é o que queremos", e agradeceu o apoio do concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
Con 900 inscritos para a Nocturna a día de hoxe (peche do prazo o vindeiro 29) e calculándose que o sábado 2 haberá 1.400 ou 1.500 atletas en liña de saída, Posada felicitouse polo regreso das carreiras de peques "para que os nenos vivan a cultura do deporte", lembrando ademais que a carreira de camareiros é unha "nota simpática" a maiores.
A carreira, pertencente agora a un circuíto nacional de seis competicións nocturnas, detectou "un 30% de mulleres entre os participantes" e "un 10% de inscricións de xente de fóra da provincia", incidiu o organizador.
Dende o patrocinio privado de Pizza Móvil, Jorge Pallarés pediu "que se xere unha festa do atletismo" e entregou ao alcalde a camiseta de primeiro clasificado.
Para o xerente do mercado e tamén representante da asociación de comerciantes (Aetravi) no acto, "o noso punto de vista entronca cos valores do mercado, que son valores de proximidade e pór de manifesto a cultura sa, dándolle un carácter lúdico ao evento".
Pedro Nimo será unha das estrelas; o santiagués xa venceu na Correndo por Vigo do Calvario en 2014. "Ímolle a gañar os de Vigo; non vexo ben que nos vinga a gañar un de Santiago, dixo Caballero de xeito irónico.