O alcalde clausurou a Escola de Ximnasia de Maiores, na que participaron máis de 400 persoas
O alcalde de Vigo tomou parte este mércores no acto de peche do programa municipal de actividade física para maiores, que inclúe, nas Travesas, Lavadores e Teis, a práctica de natación e ximnasia e está dotado con 50.000 euros.
O rexedor dixo sentirse "feliz" por atoparse cos participantes neste programa que procura "facilitar que a xente maior practique ximnasia", explicou, nas sedes de Travesas, Teis e Lavadores anunciando que "continuaremos nesa liña".
Caballero dixo tomar "boa nota" das experiencias da xente da súa idade para aplicala en beneficio de Vigo; "a idade é un valor activo", sostivo, e contou a anécdota de participar hai pouco nun faladoiro cos alcaldes de Málaga e Madrid, "tres das cidades máis importantes de España" e que contan con alcaldes veteranos en idade.
A maior ovación levouna o alcalde cando dixo ao auditorio, en metade do parqué do pavillón central das Travesas, que este verán cumprirá sete décadas e que pensa seguir "vinte anos máis".
O alcalde, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou a continuidade do programa para a vindeira tempada. Nesta foron 430 os cidadáns que participaron nos programas de natación e ximnasia, case a partes iguais.
Descargar todas as imaxes