Caballero desexa que co partido entre Obradoiro e Joventut "Quino Salvo permaneza para sempre na nosa memoria"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe os actos do Memorial Quino Salvo, que baixo o patrocinio do Concello terá lugar o vindeiro 1 de setembro no pavillón central das Travesas en lembranza do que fora xogador vigués da ACB.
Este evento supón "unha lembranza moi importante de Quino. O noso agarimo, cercanía e respecto á súa familia e tamén a toda a familia do baloncesto polo que significou Salvo e pola mobilización deportiva", dixo.
Para o rexedor, "esta presentación está chea de emoción por un vigués tan importante e querido na cidade, que representou a Vigo no baloncesto galego, nacional e internacional".
Caballero explicou que o memorial "nace coa idea de pervivencia, porque os deportistas nobles sempre teñen que permanecer na memoria e no presente, nunca son pasado", e felicitou á nova Asociación Quino Salvo pola "capacidade de organización do baloncesto para este memorial".
Julio Bernárdez, presidente da asociación, agradeceu o apoio municipal coa cesión do pavillón, o apoio loxístico e por mercar entradas para os escolares da cidade, e definiu a Quino Salvo como un xogador e técnico cunha grande xenerosidade, que Tonecho Lorenzo, un histórico do Obradoiro, definiu como "un xogador eterno".
O internacional Alberto Abalde, vigués e xogador do Joventut, manifestou que Quino "era case como da familia", do que garda "boas lembranzas" e polo que ven disposto a dar "un bo espectáculo" diante do Obradoiro.
Ademais duntorneo alevín mixto na Praza do Rei, o 1 de setembro xogarán primeiro os dous equipos vigueses de Liga EBA, VGO Basket e Seis do Nadal Coia (18:00) e ás 20:45, o amistoso Obradoiro-Joventut.
Descargar todas as imaxes