Caballero subliña que o retorno económico de O Marisquiño en Vigo "multiplica por dez" o investido
O alcalde debullou este venres os apoios públicos que recibe O Marisquiño, que se celebra esta fin de semana na cidade. O Concello adica 102.000 euros máis uns 30.000 ou 40.000 euros en limpeza, Protección Civil e Policía Local, recursos "marabillosamente ben gastados" que supoñen "un retorno que o multiplica por dez", concluíu Caballero.
O Marisquiño comeza este venres na cidade programando novidades, como os dez artistas durante tres días de concertos na Praza do Rei, os campionatos de lanchas na mar e a terceira Copa do Mundo, un evento que "converte a Vigo no centro da atención de todo este deporte en todo o mundo", asegurou esta mañá o alcalde de Vigo.
O alcalde desagregou hoxe os apoios públicos que recibe a organización de O Marisquiño, "recursos marabillosamente ben gastados" nun evento de referencia e que supón un retorno para a cidade "que multiplica por dez" o investido.
Así, a Deputación de Pontevedra presidida por Carmela Silva, tenente de alcalde viguesa, achega 183.000 euros e o Concello de Vigo adica outros 102.000 euros, aos que se suma a limpeza e o dispositivo de Protección Civil e Policía Local, valorado polo alcalde de Vigo en 30.000 ou 40.000 euros máis. As achegas de Concello e Deputación son as maioritarias, aos que se suman os 50.000 euros da Xunta de Galicia, 5.000 euros da Zona Franca e a cesión de espazos do Porto de Vigo. "Estamos moi satisfeitos", concluíu Caballero.