O Concello adxudica as escolas municipais de música, danza e música folk e tradicional por un importe superior a 1.400.000 euros
A Xunta de Goberno Local Extraordinaria deu luz verde á adxudicación da contratación dos servizos destas tres escolas financiadas polo Concello nas que estudaron o pasado curso máis de 1.300 alumnos en diferentes disciplinas. Abel Caballero anunciou o comezo "xa" das obras de acondicionamento dos espazos da UNED no Auditorio Mar de Vigo e a contratación do subministro de mobiliario para as aulas por un importe de 196.000 euros.
A Xunta de Goberno Local Extraordinaria aprobou este venres a adxudicación da contratación dos servizos da Escola Municipal de música folk e tradicional E-Trad para os próximos dous anos a razón de 217.000 euros por curso, cunha prestación adicional do adxudicatario de 60 horas de cursos específicos e 10 días de actividades complementarias. O alcalde salientou o "gran éxito da escola financiada ao centro por cento polo Concello e na que se asenta unha das fórmulas de revivir a música tradicional e folk en Vigo". O ano pasado formáronse 557 alumnos na E-Trad nas especialidades de acordeón diatónico, arpa, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión, requinta, frauta, violín folk, zanfona e práctica orquestral.
Así mesmo, quedou aprobada a adxudicación do servizo de xestión da Escola Municipal de Danza, na que este ano estudaron 215 alumnos, cun custo 266.632,08 euros para os próximos dous cursos académicos, cunha prestación adicional de 58 horas de cursos específicos e 10 días de actividade complementaria.
A Xunta de Goberno tamén deu luz verde á adxudicación da contratación do servizo de docencia e desenvolvemento da Escola Municipal de Música por un importe de 394.000 euros ao ano cunha mellora de 60 horas de cursos específicos e 10 días de actividade complementaria para o alumnado. O pasado curso académico formáronse 570 mozas e mozos nas especialidades de música en movemento, trompa, trompeta, trombón, guitarra, clarinete, saxo, frauta, violín, viola, violoncello, contrabaixo, percusión, piano, música moderna, formación complementaria e actividades de conxunto como os coros.
Comezo das obras da UNED
Caballero informou tamén da aprobación do nomeamento da dirección facultativa na execución das obras de acondicionamento da nova Aula da UNED nas plantas cuarta, quinta e sexta do Auditorio Mar de Vigo por un valor de 466.000 euros, cunha "baixa moi importante do 22%", que supuxeron a rebaixa dos 600.000 euros ofertados inicialmente. Amais anunciou que a obra "arranca xa" cunha previsión de dous meses para que estea rematada que permitan inicial a docencia de 13 carreiras o próximo curso. Así mesmo, deuse luz verde ao contrato de subministro do mobiliario necesario para desenvolver a actividade educativa por un importe de 196.000 euros.