Caballero define como "acción de envergadura" o Ultra trail Montes de Vigo, este sábado dende Navia

luns, 9 out 2017

O alcalde presentou hoxe luns a cuarta edición do Trail Montes de Vigo, un evento que apoia o Concello e que organiza a Mancomunidade de Montes de Vigo dende 2014. Ás 8:00 horas do vindeiro sábado 14 comezará a proba coa saída do ultra trail (68 quilómetros) e do trail longo (37 kms.), para trinta minutos despois comezar o trail curto (25 kms.) e a andaina.<br />

O luns comeza a montaxe da cuberta da grada de Río no estadio de Balaídos

venres, 15 set 2017

O alcalde dá conta da evolución das obras no Estadio Municipal onde xa está o guindastre de grande tonelaxe que dende o luns comezará a instalar a estrutura da nova cuberta. Respecto da iluminación, no próximo partido de Liga, Balaídos contará con 80 focos en Río e un total de 310 no conxunto do estadio, unha cifra similar ao de finais da pasada tempada.