O alcalde cualifica de "gran proba" o tríatlon Desafío Islas Cíes do próximo 24 de setembro
O alcalde de Vigo asegurou que esta proba xa forma parte do calendario deportivo vigués e auguroulles o mellor dos éxitos. Xa son 500 os inscritos que o próximo domingo 24 van nadar 1,9 quilómetros, percorrer 90 quilómetros en bicicleta e correr 21 quilómetros.
A quinta edición do tríatlon Desafío Islas Cíes se celebrará o próximo domingo 24 de setembro con 500 inscritos que nadarán 1,9 quilómetros, percorrerán 90 quilómetros en bicicleta e correrán 21 quilómetros. Trátase, dixo o rexedor na presentación, dunha proba cada vez máis popular, que require gran esforzo físico e que xa forma parte do calendario deportivo da cidade. No concesionario de BMW Celta Motor, Caballero felicitou aos organizadores e patrocinadores privados dun evento ao que se comprometeu a seguir apoiando en próximas edicións.
Ademais do tríatlon, o sábado haberá un acuatlon para nenos e nenas de entre 9 e 17 anos que terán que nadar e correr en catro categorías segundo idade, así como carreiras de nenos de entre 5 e 8 anos. O domingo tamén haberá unha carreira popular de 7 quilómetros. En total, serán máis dun millar os deportistas que participarán nunha iniciativa que contará a súa vez con 250 voluntarios, ademais da colaboración de Protección Civil e da Policía Local.
Na presentación tamén estiveron presentes, Oscar José Surís, presidente da Federación Galega de tríatlon; David Regades, segundo tenente de alcalde e deputado provincial; Daniel Benavides, xefe do servizo provincial de Deportes; e representantes dos distintos patrocinadores privados como Banco Pastor, BMW Celta Motor, Cola Cola e Gadis, entre outros.
Descargar todas as imaxes