xoves, 21 set 2017
Abel Caballero deu conta este xoves da licencia concedida á cooperativa, que presenta un orzamento de execución de 2,5 millóns para erixir un edificio de once alturas, con 32 vivendas e 45 prazas de garaxe. A parcela, entre Fernando Conde e Areosa, foi vendida polo Concello para construir vivenda de prezo taxado.
xoves, 21 set 2017
O alcalde fixo súas as reclamacións das matronas da cidade que reclaman oito profesionais máis para a área sanitaria de Vigo. Así o dixo durante a inauguración das I Xornadas sobre saúde das mulleres que se desenvolverá ata mañá venres no Centro Cívico do Casco Vello.
xoves, 21 set 2017
No marco das actividades programadas para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, o goberno vigués promove na mañá deste xoves unha mostra de vehículos eléctricos na Praza do Rei e, pola tarde, na Porta do Sol. Abel Caballero anunciou que mañá venres, ás 20h, os actos conclúen coa proxección do filme "Quicksilver" na pantalla da nova rotonda de Rosalía de Castro.
xoves, 21 set 2017
O alcalde enviou esta mañá unha mensaxe de tranquilidade sobre o abastecemento de auga en Vigo sinalando que este está garantido ata o mes de xaneiro. Segundo avanzou, a presa de Eiras está ao 61% e a de Zamáns ao 56%.
xoves, 21 set 2017
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá de xoves ao aeroporto para despedir a outra quenda de 76 alumnos beneficiados coas bolsas de inmersión lingüística en inglés. Este mes de setembro serán 667 os estudantes da ESO que gocen dun programa que no ano 2018 elevará a 850 os beneficiados, 750 da ESO e outros 100 da Escola de Idiomas.
xoves, 21 set 2017
Este xoves, o alcalde, Abel Caballero, inaugurou unha nova edición de MostrArte, unha iniciativa municipal que expón a obra de distintos artistas nos espazos da Alcaldía. A bonaerense afincada en Vigo Alicia Gil presenta o seu traballo experimental, creadora de texturas únicas dando unha nova vida a retais e fíos.
xoves, 21 set 2017
Abel Caballero presentou este mediodía a segunda edición do Memorial Paco Araújo de baloncesto feminino, que se desenvolverá no multiusos municipal de Navia mañá venres ás 20:30 horas co enfrontamento do Celta-Zorka -Uni Ferrol