Escoitar

Caballero critica que a área sanitaria de Vigo teña a metade das matronas das que lle corresponde

O alcalde fixo súas as reclamacións das matronas da cidade que reclaman oito profesionais máis para a área sanitaria de Vigo. Así o dixo durante a inauguración das I Xornadas sobre saúde das mulleres que se desenvolverá ata mañá venres no Centro Cívico do Casco Vello.

xoves, 21 set 2017
1505998962matronas.jpg
O alcalde de Vigo participou esta mañá na apertura das I Xornadas sobre saúde das mulleres que se desenvolverán ata mañá no Centro Cívico do Casco Vello. Durante a súa intervención, o rexedor reclamou maior número de matronas para a área sanitaria de Vigo posto que nestes momentos conta coa metade de profesionais das que lle corresponderían por poboación. Insistiu na importancia deste servizo en atención primaria xa que as matronas realizan o control do embarazo, posparto, atención ao neonato, anticoncepción, citoloxías e menopausia. Caballero eloxiou a labor das profesionais pola súa súa "gran sensibilidade por batallar" pola mellora da atención das pacientes e reiterou o compromiso do goberno local para que a área sanitaria de Vigo conte con oito matronas máis.

Case unha decena de matronas participaron como relatoras nestas xornadas, nas que tamén estiveron presentes o presidente do Colexio de Enfermería, Carlos Hernández e a presidenta da Asociación Galega de Matronas, Marta Bernárdez.
Descargar todas as imaxes