venres, 22 set 2017
Abel Caballero achegouse esta mañá á Terminal de Cruceiros de Vigo para darlle á benvida á cidade aos participantes no congreso de FETEIA (Federación Española de Transitarios). Durante a súa intervención, destacou a transcendencia deste encontro nun mundo cada vez máis globalizado porque a súa "complexa" labor é sinónimo de "modernidade e eficiencia".
venres, 22 set 2017
O alcalde achegouse ao aeroporto este venres para desexarlles unha boa estadía no Reino Unido e en Irlanda, onde o alumnado pasará tres semanas aprendendo inglés grazas a este programa de inmersión lingüística. Son estudantes de ESO dos Colexios Barreiro, Losada e Apóstol Santiago e dos IES de Beade, do Castro, Santa Irene, Valadares, Carlos Casares e Rosais 2. Son parte dos 767 beneficiarios deste curso que, segundo Caballero, ascenderán a 850 o vindeiro ano, cun investimento de dous millóns de euros por parte do Concello.
venres, 22 set 2017
Abel Caballero e Tim Hemmings mantiveron un encontro institucional este venres no Concello no que intercambiaron impresións sobre a actualidade dos dous países e abordaron a situación económica e as relacións comerciais entre Vigo e o Reino Unido. O Ministro Conselleiro da Embaixada Británica é o responsable da xestión global do organismo en España con atención especial aos asuntos de política, economía e comunicación.
venres, 22 set 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe venres a segunda edición do Memorial Pablo Beiro, Trofeo Cidade de Vigo, de baloncesto adaptado, que se xoga este sábado no polideportivo boucense Pablo Beiro (19:00 horas) entre o C.D. Amfiv e o Getafe BSR.
venres, 22 set 2017
A inscrición para poder participar está xa aberta ata que se cubran as prazas. A oferta inclúe un obradoiro dirixido a mulleres migrantes galegas, o curso de autoprotección para mulleres, un curso de escritura, outro de pintura e xénero e un obradoiro de sensibilización e formación en xénero e igualdade de oportunidades.