Escoitar

Caballero loa a figura de Pablo Beiro, homenaxeada mañá no Cidade de Vigo de baloncesto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe venres a segunda edición do Memorial Pablo Beiro, Trofeo Cidade de Vigo, de baloncesto adaptado, que se xoga este sábado no polideportivo boucense Pablo Beiro (19:00 horas) entre o C.D. Amfiv e o Getafe BSR.

venres, 22 set 2017
1506098276beiro.JPG
O rexedor, "orgulloso" de presentar o evento, afirmou que "quería poñer en valor este memorial e a figura de Pablo Beiro, con quen tiven relación na súa derradeira etapa como concelleiro neste Concello. Despois aprendín moito do seu papel co Amfiv e no deporte do baloncesto para persoas con discapacidade que converteron a Pablo nunha personaxe excepcional e nun coloso. Foino pola súa acción na vida e no deporte, e unha gran persoa", explicou.

O xefe do goberno local sinalou que dende o Concello "queremos amosar o noso apoio e invitar a toda a cidade a que estean no pavillón". A entrada, ademais, é gratuita.

José Antonio Beiro, presidente do club, agradeceu "o apoio que nos brinda o Concello. O partido é o acto central, pero haberá (10:00 horas) un torneo 3x3 no que xuntaremos a 60 persoas sen discapacidade que estarán todo o día xogando ao baloncesto en cadeira de rodas. Iso representa moito o traballo que fixo Pablo dende a fundación do club porque hai trinta anos era impensable incluso que a xente con discapacidade fixese deporte".

Beiro, acompañado por directivos e unha representación dos xogadores, celebrou que con accións como esta "o traballo e o avance no noso deporte vense recompensados".
Descargar todas as imaxes