O rexedor avoga por fortalecer as probas de atletismo na nosa cidade

venres, 9 xan 2015

Dentro da liña seguida polo goberno local nestes últimos anos, e co fin de potenciar a práctica do atletismo, o alcalde mantivo esta mañá unha reunión co comité organizador da Media Maratón de Vigo de cara a preparación da edición de 2015. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, os responsables desta proba encargaránse tamén de organizar as carreiras de San Xoán e a do próximo Nadal.

Manel Fernández anima á participación este domingo na San Silvestre solidaria, na Alameda

martes, 23 dec 2014

A San Silvestre viguesa cumpre dez edicións. Iniciada en decembro de 2005, por segundo ano ponse en marcha esta carreira "no corazón da cidade, porque queremos que todos os vigueses gocen desta proba e pretendemos contribuír a rematar o ano coa ledicia e satisfacción de estar vivindo nunha cidade que sente o deporte". Así foi presentado hoxe martes o evento polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que espera acadar na Alameda unha altísima participación

O goberno de Vigo adxudica a primeira fase da reforma do estadio municipal de Balaídos

luns, 15 dec 2014

Abel Caballero informou este luns da contratación, por 1,1 millóns, da primeira fase da remodelación do recinto, obras que consistirán no reforzo estrutural dos contrafortes exteriores e a substitución da cuberta da grada de Río, xunto ao acondicionamento xeral do estadio en materia de seguridade. O alcalde avanzou que xa está aprobada a segunda fase da reforma, que supera os 2,5 millóns de investimento.