Caballero anuncia un programa integral de obradoiros de formación para o deporte
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou esta mañá uns obradoiros formativos para o deporte coa coordinación de Afavi, a Asociación de Fútbol Afeccionado de Vigo e que "promovemos dende o Concello", anunciou o rexedor.
Comezan o vindeiro día 22 cun curso de primeiros auxilios pero, enfocados principalmente ao mundo do fútbol e aos 17 clubs asociados de Afavi, combinarán tamén dous temas de interese para todas as entidades deportivas da cidade. "Realízanse a efectos de mellora con todo o que ten que ver co mundo do deporte", informou o alcalde.
Con este proxecto de nove obradoiros formativos preténdese a participación de máis 1.700 persoas implicadas no balompé vigués de xeito directo, ademais das que poidan sumarse do resto do deporte local nas charlas específicas.
"O deporte está ocupando cada vez espazos máis centrais na cidadanía. Nesta acción queremos chegar a todos os clubs de Afavi, asociación que representa a máis de tres cuartas partes do fútbol vigués", manifestou Caballero, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente de Afavi, Daniel Costas, e representantes de varios clubs.
As charlas, "de vital importancia para a formación de adestradores e directivos", sinalou Costas, son transversais: de agosto a decembro haberá tamén espazo para dous temas, "Aspectos xurídicos e fiscais das entidades deportivas" e "As entidades deportivas no ámbito europeo", nos que o Concello invitará a todo o deporte local.
Nas demais temáticas tamén haberá espazo para pais e nais ("Nutrición no deporte base"), árbitros ("Novas disposicións no regulamento de fútbol") e xogadores ("Prevención, tratamento e recuperación de lesións deportivas").
Ao longo destes meses as charlas vanse impartir entre os clubs afiliados, con encontros na sede social de cada entidade, pero tamén en auditorios por definir cando o tema sexa de interese xeral. O programa deseñado por Concello e Afavi tocará inicialmente os primeiros auxilios.
Descargar todas as imaxes