O Concello completará a instalación de desfibriladores en todas as instalacións deportivas
O goberno de Vigo acordou hoxe venres a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- do suministro e mantemento de trece novas unidades. Así, explicou Caballero, o Concello contará con 37 desfibriladores semiautomáticos para cubrir todas as instalacións deportivas municipais.
O goberno de Vigo aprobou esta mañá a clasificación de ofertas para o subministro e mantemento de trece novos desfibriladores semiautomáticos externos para a súa instalación en dependencias deportivas municipais.
Segundo explicou Abel Caballero, o importe deste novo contrato ascende a 35.000 euros e suporá engadir outras trece unidades ás vinte catro xa dispoñibles en centros deportivos vigueses. Cos trinta e sete totais, o goberno de Vigo completará a instalación de desfibriladores en todos os recintos deportivos municipais.
Educación
O alcalde de Vigo tamén deu conta doutros dous puntos aprobados en materia educativa. En primeiro lugar, a adxudicación da contratación dos desprazamentos do programa "Vigo Educa" para os próximos tres cursos escolares, por importe de 154.000 euros. O Concello sufraga o traslado de balde do alumnado a centros de interese da cidade nos que teñen lugar as visitas didácticas.
En segundo lugar, o goberno local validou a adxudicación e contratación do mantemento das instalacións de calefacción e auga quente nos colexios públicos, cuestión á que o Concello adica 130.000 euros durante dous anos.
Outros acordos
Por último, Caballero informou da adquisición de material eléctrico para o alumeado público e instalacións de fontes e túneles. O goberno de Vigo reserva 150.000 euros ao efecto, nun contrato por dous anos de duración.