O alcalde destaca a importancia do "retorno a Vigo" do Pergamiño Vindel
No transcurso da sinatura do convenio entre Xunta e Universidade de Vigo para a exhibición do manuscrito do século XIII en Vigo, Abel Caballero salientou o "encontro coa nosa propia historia, tradición e cultura" que supón o regreso a Vigo do documento.
O Pergamiño Vindel contén sete cantigas de amigo de Martín Códax e, en virtude deste acordo, dende o mes de outubro poderá visitarse no Museo do Mar en Vigo. Para Caballero isto permite o "reencontro cunha parte central da cultura en Galicia, España e Europa porque se trata do pergamiño civil con poesía musicada máis antigo na civilización occidental".
Na súa intervención, o rexedor puxo en valor os "sete séculos de andaina" deste manuscrito orixinal do século XIII que "retorna sete séculos despois porque necesariamente tiña que estar aquí, porque as cantigas falan do mar de Vigo, falan da forma de entender o amor desde Vigo e desde o mar".
Así mesmo, recoñeceu o labor da Universidade de Vigo a quen felicitou porque conseguir traer á cidade o documento e agradeceu o apoio da Consellería de Cultura, xa que co acordo o Pergamiño Vindel "regresa á súa casa, a Vigo, á ría", o lugar onde "debe estar e debe quedar".
Descargar todas as imaxes