venres, 21 xul 2017
O presidente da Real Academia Galega será o encargado da redacción do bando deste ano polo Día de Galicia, segundo anunciou este venres o alcalde, Abel Caballero. O Concello celebrará o Día de Galicia en Vigo o próximo mércores, 26 de xullo, no Pazo de Castrelos.
venres, 21 xul 2017
O goberno de Vigo acordou hoxe venres a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- do suministro e mantemento de trece novas unidades. Así, explicou Caballero, o Concello contará con 37 desfibriladores semiautomáticos para cubrir todas as instalacións deportivas municipais.
venres, 21 xul 2017
O alcalde, Abel Caballero, rubricou este venres un convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios segundo o cal o Concello achega 3.600 euros á entidade para colaborar cos gastos do seu local e apoialos nas súas actividades, como son a realización de obradoiros, a aula de emprendedores e charlas networking.
venres, 21 xul 2017
Caballero recibiu este venres á directiva do club e ás capitás dos equipos júnior, cadete, infantil, alevín e benxamín, campioas en todas estas categorías, un resultado que cualificou como "fantástico. Temos un baloncesto feminino en Vigo que o gañou todo, non houbo nada que se nos resistira". No acto, o rexedor amosou tamén a súa satisfacción por poder saudar ao preparador físico da selección española de baloncesto feminino, Mario Muñoz, que realizou un "bo papel" na recente consecución do Campionato de Europa Sub-20 e de quen dixo que é "un orgullo que forme parte do baloncesto feminino de Vigo".