O Concello adica 18 millóns a humanizacións, "macro parques infantís" e á Universidade
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns unha modificación orzamentaria para investir os máis de 18 millóns procedentes do superávit do Concello no pasado ano. O goberno vigués, explicou o alcalde, reserva 10 millóns para unha decena de humanizacións, cinco macro parques infantís e dous parques de skate, ademais de destinar outros 4 millóns á expropiacións de solo para a Universidade de Vigo.<br />