xoves, 20 xul 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe xoves a modificación da norma, que terá que ser ratificada polo Pleno. Abel Caballero estimou que no mes de agosto xa estará habilitada unha ou máis praias para os cans.
xoves, 20 xul 2017
Caballero anunciou este xoves a consecución dunha subvención europea de case que un millón de euros para o programa municipal de emprego xuvenil. O alcalde amosou a súa satisfacción pola axuda concedida pois significará formación e ingresos para a mocidade viguesa e poder "seguir facendo máis emprego, que é o noso obxectivo".
xoves, 20 xul 2017
Caballero recibiu este xoves na Alcaldía aos nenos e nenas saharauís que pasan o verán con familias viguesas polo programa "Vacacións en Paz", que o Concello de Vigo subvenciona con 60.000 euros a través da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. O goberno vigués abona o total das viaxes destes nenos e nenas.