Caballero define como "acción de envergadura" o Ultra trail Montes de Vigo, este sábado dende Navia
O alcalde presentou hoxe luns a cuarta edición do Trail Montes de Vigo, un evento que apoia o Concello e que organiza a Mancomunidade de Montes de Vigo dende 2014. Ás 8:00 horas do vindeiro sábado 14 comezará a proba coa saída do ultra trail (68 quilómetros) e do trail longo (37 kms.), para trinta minutos despois comezar o trail curto (25 kms.) e a andaina.<br />
Caballero anunciou que o evento comeza e conclúe no polideportivo municipal de Navia, epicentro dunha competición cuxa loxística corre a cargo da asociación Galicia Máxica Adventure Trail, organizadora tamén dun circuíto de cinco probas que vaise definir en Vigo.
"68 quilómetros non é unha cifra menor", subliñou o xefe do goberno municipal, que cualificou a carreira de montaña como "unha acción de gran envergadura" na que ademais avanzou que "a organización espera bater o récord de inscritos o ano pasado: 290". A día de hoxe xa son 224 os participantes.
Caballero ofreceu a rolda de prensa acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por representantes da Mancomunidade de Montes que preside Uxío González e tamén da asociación Galicia Máxica.
Precisamente González explicou que a proba "é o primeiro ultra trail que se fai na provincia; percorrerá os montes de dez comunidades, destacando o monte Maúxo en Coruxo, o Cepudo en Valladares ou o Galiñeiro en Zamáns. Pero irá tamén por comunidades onde antes era impensable facer un trail, como Sárdoma ou Castrelos". O presidente da Mancomunidade suliñou que "remataremos a carreira polo fantástico paseo do Lagares".
González asegurou que os participantes verán uns montes coidados grazas a que co plan de emprego do Concello contratan cada ano, dende hai seis, a trinta persoas durante cinco meses "para a eliminación do eucalipto e a plantación de castiñeiros. A xente vai poder aprecialo", dixo.
Descargar todas as imaxes