O goberno local incorpora xa unha partida nos orzamentos para construír o túnel de Lepanto
O Concello incorporará aos orzamentos de 2018 unha partida de 326.000 euros para avanzar no proxecto da estación intermodal e do túnel que vai evitar o paso elevado de Alfonso XIII. Segundo avanzou Caballero, en próximos días se convocará unha reunión co resto de implicados nesta obra: Goberno de España, Xunta de Galicia e Inmochan, empresa que vai construír o centro comercial de Tom Mayne.
O alcalde anunciou que en próximos días haberá unha reunión con ADIF e coa Dirección Xeral de Transportes de Galicia para avanzar no proxecto da estación intermodal e no túnel de saída que evitará o paso elevado de Alfonso XIII. Tal e como recordou, trátase dunha iniciativa participada tamén polo Goberno de España, a Xunta e Inmochan, a empresa privada que vai construír o Centro Vialia deseñado por Tom Mayne.
O orzamento municipal de 2018 xa incorpora una partida de 326.000 euros para as obras que lle corresponden ao Concello, que na primeira fase supón o finanzamento do 50% do túnel. O total da construción do paso subterráneo ascende a dous millóns, dos que o goberno local asume un. Segundo o acordo, á administración local tamén lle corresponderá derrubar o viaduto, aínda que iso será xa nunha fase posterior.
O conxunto das obras durará dous anos e coincidirá coa construción do centro comercial. Neste punto o alcalde instou á Xunta a axilizar os prazos a través da aplicación da Lei 3/2016.
Xunta de Goberno
O goberno local deu luz verde á clasificación de ofertas para a renovación dun ascensor no edificio da Casa Consistorial ao que se adicarán 72.000 euros. Dous dos tres elevadores do Concello -que teñen corenta anos aproximadamente- foron renovados hai unha década pero quedou un terceiro sen actualizar e xa leva fora de servizo moitos anos xa que o custo da reparación era moi superior á súa substitución. As numerosas actualizacións sobre seguridade obrigan a efectuar unha renovación completa do ascensor para que poida dar servizo a traballadores e cidadáns.