xoves, 29 nov 2018
O Concello investiu 28.000 euros e o rexedor xa avanzou a deportistas e familiares que "temos que aumentala", en referencia a esta axuda para o deporte individual e das modalidades que compiten como tríos, cuartetos ou quintetos.
venres, 23 nov 2018
Abel Caballero participou este venres na presentación da nova temporada do Club Ciclista Rías Baixas e do seu proxecto para acadar o reto de formar un equipo profesional. O alcalde deu o seu apoio á entidade e destacou o esforzo que fai o Concello de Vigo tanto co deporte de elite como de base.
mércores, 21 nov 2018
"Queremos polo menos 10.000". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe a San Silvestre 2018, que por sexto ano consecutivo aposta pola contorna da Praza de Compostela e o Casco Vello e vaise celebrar o derradeiro día do ano, luns, ás 17:00 horas.
martes, 20 nov 2018
Abel Caballero asinou este mediodía os convenios de colaboración con entidades educativas, deportivas e sociais viguesas que poderán usar de xeito gratuíto as instalacións deportivas municipais para as súas actividades.
luns, 19 nov 2018
O alcalde felicitou á organización da proba e puxo en valor a bicicleta como deporte, como forma de vida saudable e como elemento de mobilidade nas cidades. Caballero, quen avanzou que nos próximos meses estará rematado o carril bici entre Teis e Samil, comprometeu o apoio do Concello á sexta edición da cita.
mércores, 14 nov 2018
O espazo permitirá que os deportistas seleccionados para representar a España en competicións internacionais poidan adestrar en Vigo antes das citas e, para o alcalde, situará a Vigo como "cidade referente en Europa" desta disciplina.
martes, 13 nov 2018
As Escolas Deportivas xa contan con 4.400 inscritos distribuídos en 59 clubs ou federacións de 37 disciplinas diferentes. O alcalde explicou que esta práctica deportiva está subvencionada nun 50% cun orzamento que este ano se eleva a 320.000 euros.
luns, 12 nov 2018
O Memorial Belarmino Alonso de cros disputarase o derradeiro domingo de novembro (día 25, 10:30 horas) en Molinos (Comesaña) co patrocinio do Concello de Vigo e a organización do Comesaña Sporting Club.
martes, 30 out 2018
Abel Caballero recibiu a unha representación dos clubs que participarán na Liga Concello de Vigo 18/19 de fútbol 8, que non é competitiva, prevista os sábados dende o vindeiro 10 de novembro ata o 1 de xuño no complexo deportivo municipal de Samil.
xoves, 25 out 2018
Trece entidades sociais, educativas e deportivas accederán de xeito gratuíto ás instalacións deportivas municipais o que supón para o Concello un desembolso de case 250.000 euros. Así o acordou esta mañá a Xunta de Goberno, nunha sesión na que tamén se deu conta da sinatura de 67 acordos de colaboración con outros tantos centros educativos para outorgar as bolsas de comedor.