xoves, 6 out 2016
Abel Caballero visitou este xoves xunto coa tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o Estadio Municipal de Balaídos para observar a evolución dos traballos que se están acometendo na reforma da grada Tribuna. Alí puxo en valor a "gran acción" realizada na estrutura e o labor do enxeñeiros civís responsables da obra.
mércores, 5 out 2016
A temporada 2016/2017 do programa de apoio ao deporte base e aos clubs da cidade comeza este mércores baixo o lema "Somos Siarei@s, Somos deporte" co obxectivo de contribuír a converter o deporte e os seus valores nun dos cimentos da sociedade viguesa.
mércores, 5 out 2016
O XXI Cross Escolar El Castro San Miguel cumpre vinte anos de vida e celébrao coa vixésima primeira edición da proba, este domingo no parque municipal de Castrelos (10:00 horas).
martes, 4 out 2016
O goberno local aprobou a licitación das obras de Río en Balaídos, cun orzamento de 6,7 millóns e un prazo de execución de doce meses. Hoxe mesmo, colocouse ademais a metade da estrutura metálica que cubrirá a grada de Tribuna, unha peza de 56 toneladas de peso e 60x205 metros.
xoves, 29 set 2016
Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do Panathinaikos grego e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos esta tarde en Balaídos. O alcalde celebrou o regreso á competición europea do Celta eloxiando o traballo do equipo e do presidente e agradeceu a cooperación da UEFA ante as obras de remodelación do Estadio Municipal de Balaídos para facer "o mellor campo do mundo" polo que dixo ser hoxe "o alcalde máis feliz do mundo".
xoves, 29 set 2016
A XVII Semana do Atlántico Cidade de Vigo - XLI Trofeo Martín Barreiro, que organiza o Real Club Náutico de Vigo en colaboración co Clube de Vela de Viana do Castelo (CVVC), disputarase en tres fins de semana (dúas en Vigo e unha en Viana do Castelo) do 15 ao 31 de outubro, segundo se anunciou na súa presentación hoxe no Náutico
mércores, 14 set 2016
Vigo acollerá os actos de conmemoración do trinta aniversario da Copa Galicia de Baloncesto Feminino no Pavillón de Navia, no que será unha homenaxe á traxectoria da competición e ás persoas que a fixeron posible. Caballero apuntou que o Concello desenvolverá programas e axudas especiais ao baloncesto feminino por ser un referente do deporte na cidade.
martes, 6 set 2016
Na Semana Abanca de navegación e remo, que se desenvolverá entre o 15 de setembro e o 31 de outubro, participarán centos de barcos e máis dun milleiro de deportistas en augas galegas, portuguesas e asturianas con dous ciclos en Vigo, organizados polo Club Marítimo de Canido, o de Vigo e o Liceo Marítimo de Bouzas. Durante a presentación das actividades este martes, o alcalde referiuse ao evento como unha referencia no mundo da náutica no noroeste peninsular salientando o elevado número de embarcacións que compiten como sinal do seu atractivo.
martes, 6 set 2016
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou o Media Maratón de Vigo, "cuarta dos tempos modernos" pois se recuperou en 2013. O vindeiro día 18, ás 10:00 horas, o rexedor dará o pistoletazo de saída dunha proba do circuíto Run Run Vigo que patrocina o Concello e que partirá como o ano pasado dende Policarpo Sanz
venres, 2 set 2016
Abel Caballero avanzou que este incremento na axuda ao deporte de base se repetirá nas contas do próximo ano, co obxectivo final de duplicar o apoio económico. O goberno de Vigo adica este ano 1,4 millóns ao deporte de base e outros 600.000 euros aos clubs de elite.