Escoitar

O Concello inicia a renovación do céspede artificial de cinco campos de fútbol

O goberno local avanza na contratación das obras de renovación do céspede de outros cinco campos de fútbol (Navia, Meixoeiro, Candeán, A Bouza e Baltasar Pujales) por un importe de 1,2 millóns de euros. Estes traballos están incluídos nun convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra que supera os nove millóns de euros.

xoves, 27 set 2018
A Xunta de Goberno aprobou a contratación das obres de renovación do céspede artificial de cinco campos de fútbol por un importe de 1,7 millóns. O de Navia suporá un custo de 310.000 euros; o de Meixoeiro, de 353.000 euros; o de Candeán, 360.000 euros; A Bouza, 293.000 euros, e o Baltasar Pujales-Bouzas, 388.000 euros. A estas actuacións hai que sumar outros nove campos de fútbol aos que tamén se vai renovar o firme.

Estes investimentos forman parte do convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a mellora das instalacións deportivas en Vigo. Este acordo, de máis de nove millóns de euros, inclúe un novo pavillón deportivo cuberto de Romil, a renovación integral de dous pavillóns deportivos -ademais da Grada de Río, e a construción do pavillón en Quirós. O rexedor amosou a súa satisfacción por esta nova etapa do goberno da Deputación na que o organismo provincial se está presente na cidade.

Centro Cultural Becerreira
O goberno local deu luz verde á proposta de aprobación do proxecto de cubrición do Centro Cultural Becerreira (Cabral) cun orzamento de case 500.000 euros e un prazo de execución de 4 meses.