venres, 28 setembro 2018

O 24 de novembro, data elixida para o acendido do alumeado de Nadal en Vigo

venres, 28 set 2018

O Concello promoveu unha consulta cidadá entre o 17 e o 24 de novembro e "gañou por goleada o 24 de novembro", revelou este venres o alcalde. Caballero afirmou que numerosas persoas e axencias de viaxe se interesaron pola data de acendido dunha iluminación que traerá a Vigo a "milleiros de persoas".

Caballero insta a fortalecer a unión de institucións e empresas do naval para avanzar na renovación da frota e aumentar a forza na toma de decisións

venres, 28 set 2018

"A unión de institucións, empresas e todos os colectivos implicados é clave para conseguir que o sector naval teña máis forza na súa capacidade de decisión: temos que estar xuntos e utilizar as nosas sinerxias", asegurou este venres o alcalde no Foro Abanca e Faro de Vigo, que reflexiona sobre o futuro do sector naval en Galicia