Escoitar

A reunión entre Concello, Ministerio e Xunta para abordar o problema da auga será a finais de outubro en Vigo

O alcalde avanzou esta mañá que será a finais de outubro cando o Ministerio de Transición Ecolóxica convoque a reunión tripartita en Vigo na que abordará a solución definitiva para a auga, un problema que afecta a case medio millón de persoas. Unha vez máis, o alcalde criticou a inacción da Xunta por non acometer o transvase de emerxencia que "garanta que Vigo non quede sen auga".

xoves, 27 set 2018
O rexedor reiterou esta mañá que a cuestión máis importante nesta cidade é garantir o abastecemento da auga e criticou de novo á Xunta por "non mover un so papel " para realizar o transvase de emerxencia que permita o subministro a Vigo a outros nove municipios "co agravante-engadiu- de que nos ofrecemos a pagar o 80% deste proxecto". Ao mesmo tempo Caballero afeou aos grupos do PP e da Marea por opoñerse a esta construción na sesión plenaria de onte.

Caballero contrapuxo a actitude da Xunta coa do novo Goberno de España quen "si tomou cartas no asunto". Agradeceu á ministra Teresa Ribera e ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, a súa actitude porque a finais do mes que vén haberá unha reunión en Vigo para abordar esta situación, a instancias do responsable de Medio Ambiente. Deste xeito, o Goberno de Pedro Sánchez estará ao lado do Concello para solucionar el problema del auga para o seguinte século", subliñou.