O Pleno esixe a aplicación da "Lei Vigo" para construír o pavillón de Matamá e o acceso ao colexio Párroco Don Camilo
A Corporación municipal urxe á Xunta que posibilite ao Concello a aplicación da chamada "Lei Vigo" para construír o pavillón de Matamá e o acceso ao colexio Párroco Don Camilo. Seguindo co urbanismo, o Pleno aprobou outra moción socialista que esixe que o Consorcio Casco Vello eleve ata os 2,5 millóns o seu orzamento inversor.
O Pleno municipal deu luz verde esta mañá a unha proposta socialista que insta á Xunta a "deixar o boicot" a Vigo, permitindo ao goberno local aplicar a chamada "Lei Vigo" -lei 3/2016, e revocando, polo tanto, a resolución que imposibilita a aplicación desta norma para desenvolver proxectos como o pavillón de Matamá ou o acceso ao colexio Párroco Don Camilo. A proposta que defendeu a concelleira de Urbanismo, María José Caride, esixe ao goberno autonómico o cumprimento da lei para que os concellos, como administracións públicas, actúen como órganos lexitimados na aplicación e tramitación desta norma para proxectos urxentes e de excepcional interese público. Esta resolución saíu adiante cos votos a favor dos socialistas, a abstención de Marea de Vigo e o voto en contra dos representantes do PP.
Outro dos asuntos que defendeu a concelleira de Urbanismo na sesión plenaria desta mañá foi solicitar ao Consorcio Casco Vello o impulso na rehabilitación incrementando o investimento previsto no Plan de Actuacións, Investimentos e Financiamento (PAIF) ata os 2,5 millóns de euros cada ano ata 2024. Con ese obxectivo, a Xunta debería incorporar 2.250.000 euros aos seus orzamentos para 2019 e para os anos seguintes. Esta cantidade correspóndese co 90% da participación que ten a Xunta no Concello, mentres que o goberno local tería que achegar 225.000 euros anuais. En opinión da concelleira, é fundamental impulsar a rehabilitación do Casco Vello tendo en conta a transformación urbana que está a desenvolver o Concello promovendo as modificacións de planeamento para permitir a rehabilitación integral do entorno da Panificadora ou o desenvolvemento do Barrio do Cura. Esta moción contou co voto favorable dos socialistas e co voto en contra dos populares. O grupo de Marea de Vigo optou pola abstención.