Escoitar

A XXXV edición da Marcha Aspanaex sairá do Parque de Castrelos o próximo 7 de outubro

O domingo 7 de outubro a cidade ten unha cita no Parque de Castrelos para participar nunha nova edición da Marcha Aspanaex. O alcalde definiu esta iniciativa como unha "chamada a recoñecer os dereitos de todos desde a igualdade e da solidariedade"

venres, 28 set 2018
1538139421aspanaex.JPG
O alcalde de Vigo destacou esta mañá a importancia dunha iniciativa que "é unha chamada a recoñecer os dereitos de todos desde a igualdade e da solidariedade". Na rolda de presentación, animou a todo Vigo a participar o domingo 7 de outubro nunha marcha de 9 quilómetros que sairá ás 10,30 h do auditorio do Parque de Castrelos. Os fondos recadados serán para financiar a de residencia que Aspanex ten en proxecto. O alcalde estivo acompañado por José Manuel Carballo, vicepresidente da entidade e Patricia Guisande, membro da Xunta directiva.

Os prezos para participar nesta marcha son de 5 euros por dorsal e 3 euros, no caso de menores de dez anos e persoas con discapacidade.
Descargar todas as imaxes