Escoitar

O 24 de novembro, data elixida para o acendido do alumeado de Nadal en Vigo

O Concello promoveu unha consulta cidadá entre o 17 e o 24 de novembro e "gañou por goleada o 24 de novembro", revelou este venres o alcalde. Caballero afirmou que numerosas persoas e axencias de viaxe se interesaron pola data de acendido dunha iluminación que traerá a Vigo a "milleiros de persoas".

venres, 28 set 2018
Na web municipal, durante os oito de días de duración da enquisa, o 24 de novembro obtivo 740 votos polos 460 do 17 do mesmo mes. Os resultados de vigo.org concordan cos arroxados nas consultas impulsadas por distintos medios de comunicación da cidade: "gañou por goleada o 24 de novembro".

O alcalde explicou que o alumeado de Nadal de Vigo está a xerar unha gran expectación e son numerosas as persoas e axencias de viaxe que se interesaban pola data de acendido. Así, Caballero agarda que "milleiros de persoas" cheguen a Vigo co gallo da iluminación de Nadal, ademais de que "toda Galicia vai vir".

En segundo lugar, o goberno de Vigo xa tramita o expediente de contratación da Cabalgata de Reis, que sairá por concurso público e permitirá ás empresas optar a participar no desfile. Caballero avanzou que o tema proposto para este ano será os espectáculos infantís: circo, teatro, danza, titiles, etcétera.

Por outro lado, Vigo contará este Nadal novamente cun belén monumental, segundo adiantou Caballero. O do ano pasado recibiu a visita dunhas 45.000 persoas.