Caballero reúnese con membros do proxecto olímpico 470 Tokio 2020

martes, 26 dec 2017

Segundo explicou o alcalde, a campaña deste proxecto quere sumar apoios para que un tripulante de Vigo, Nicolás Rodríguez, ocupe unha das prazas nos Xogos Olímpicos de Tokio do ano 2020 na categoría de vela 470 xa que "ten posibilidades de medalla", sinalou, polo que o Concello estuda a cooperación que pode prestarlle para acudir á cita con posibilidades de traer un metal para a cidade.

O goberno local apoia o IV Torneo Solidario Rugby Veteranos Movember

luns, 20 nov 2017

Caballero recibiu este luns aos organizadores, o Melgachos Vellos Rugbiers, que lle presentaron as actividades previstas para este sábado 25 de novembro no Colexio Montecastelo. Contando coa colaboración do Concello, está prevista a participación de 90 xogadores de máis de dez nacionalidades e membros de tres equipos: o Melgachos, o VRAC Quesos Entrepinares de Valladolid e o SCRUM de Braga (Portugal). O torneo benéfico comeza ás 15:30 horas da tarde e recadará fondos para a Asociación Española contra o Cancro.