luns, 4 feb 2019
O concelleiro de Deportes anunciou que a segunda edición da carreira Calvario 5+5, este domingo, "espera unha participación considerable, por enriba do milleiro de participantes", e aplaudiu a continuidade do evento "gracias ao traballo da Asociación de Veciños do Calvario e o patrocinio do Concello".
venres, 1 feb 2019
O alcalde avanzou que mañá sábado as Peñas do Celta contarán co bus turístico para animar ao equipo local antes do partido contra o Sevilla. Deste xeito, os afeccionados "celestes" contan coa colaboración do Concello na organización dunha acción de apoio ao Celta antes deste "importante" encontro contra o equipo andaluz. <br />
venres, 1 feb 2019
Quince clubs de toda Galicia, que participan cun total de dezasete grupos (oito en grupos grandes e nove en pequenos), competirán no Pavillón Central das Travesas.
luns, 28 xan 2019
O alcalde informou do inicio hoxe luns dos traballos de limpeza, que se prolongarán ata o 1 de febreiro. A previsión, se o tempo o permite, é proceder co pintado das pistas do 4 ao 6 de febreiro, de tal forma que o 17 do próximo mes estean listas para ser homologadas pola Federación Española de Atletismo.
venres, 25 xan 2019
Galiexpo Motor Show vaise celebrar do 1 ao 3 de febreiro no Instituto Feiral (Ifevi), segundo anunciou hoxe Manel Fernández, concelleiro de Deportes, que presentou o evento acompañado polo xerente do mesmo, Joaquín Portabales, e polo xerente do Ifevi, Arsenio Prieto.
luns, 21 xan 2019
A Subida ao Castro, presente no circuíto Run Run Vigo dende a súa creación, abre este domingo 27 (12:00 horas) dende a rúa Montero Ríos a edición 2019 o grupo de probas populares que patrocina o Concello en formato de campionato, segundo anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero.
xoves, 17 xan 2019
O alcalde fixo entrega este xoves de material para as escolas deportivas de distintas disciplinas deportivas, algunhas das 37 modalidades que o Concello ofrece xunto a case que 60 clubs. A práctica deportiva, subliñou Caballero, está subvencionada polo Concello nun 50%.
xoves, 17 xan 2019
Abel Caballero participou este xoves na presentación dunha iniciativa que procura inculcar nos usuarios dos programas de Érguete os beneficios da práctica do deporte e do atletismo en particular. Co apoio dos profesionais Daniel Bargiela e Manuel Ageitos, o obxectivo é que os participantes poidan completar os cinco quilómetros da carreira "Érguete e corre" do próximo 31 de marzo.
luns, 14 xan 2019
O alcalde de Vigo recibiu hoxe a unha representación do Club Baloncesto Seis do Nadal, que lle presentou a Liga Linco de baloncesto escolar, de novo en marcha o vindeiro venres 25 no pavillón municipal de Navia. <br />
<br />
venres, 4 xan 2019
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este venres no pavillón das Travesas á entrega das medallas aos nenos participantes nos Xogos Polideportivos de Reis e tamén a entrega dos premios do Torneo de Balonmán organizado polo Club Seis do Nadal no pavillón de Coia.