luns, 27 mar 2017
O alcalde deu conta esta mañá da contratación dos servizos de mantemento das piscinas municipais e de dous ximnasios por un valor de preto de 2,5 millóns de euros. Continuando co deporte, tamén se deu luz verde á contratación das obras de reforma do campo de O Carballal, que usará o Gran Peña.
xoves, 23 mar 2017
A competición, iniciada no 2014 para darlle un novo pulo á natación de base, foi presentada hoxe no Concello polo edil de Deportes, Manel Fernández, que estivo acompañado polo presidente do Club Natación Vigo Rías Baixas, Antonio Vázquez, Mónica Sueiro da xunta directiva, Elena Rodríguez de Foanpas.
mércores, 22 mar 2017
O alcalde deu conta esta mañá dun aumento dun 37% nas achegas municipais para o deporte de base, que este ano ascenden a 750.000 euros. Tamén se referiu á aprobación do expediente de contratación para a organización dos campamentos de verán 2017.
luns, 20 mar 2017
Abel Caballero asinou este luns convenios de colaboración con nove clubs da cidade de diferentes disciplinas deportivas para apoiar o desenvolvemento da súa actividade. Os acordos ascenden a un valor superior aos 400.000 euros, o que supón "un incremento da contía" e que se suma á cooperación municipal ás entidades do deporte de base vigués.
venres, 17 mar 2017
Abel Caballero amosou esta mañá a súa satisfacción porque Vigo acolle o ano que vén o Campionato europeo clase J70 se celebrará no mes de xuño. Na presentación avanzou que o proxecto contará coa "ilusión e as gañas de confluír" de todas as administracións e entidades implicadas na consecución deste proxecto.
xoves, 16 mar 2017
Abel Caballero informou hoxe xoves da aprobación dos convenios co Vigo Rugby Club, co Xuvenil de Teis, coa Asociación Deportiva Carballal, cos Halcons, co Bosco e co AMFIV, parte dos case 2 millóns de axudas municipais ao deporte de base e elite. O Concello tamén acordou conceder 55.000 euros ao comedor social de AFAN.
venres, 10 mar 2017
O alcalde de Vigo presentou unha nova temporada de cross para escolares anunciando a primeira proba para este domingo ás 10:30 horas no colexio Monterrey.
xoves, 9 mar 2017
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou a Vigo Bike Contest 2017, o XVIII Trofeo Cidade de Vigo, que este ano abrangue dúas fins de semana, esta (11 e 12 de marzo) e a do 8 e 9 de abril, cando se celebrará o maratón BTT do circuíto Transgalaica.
xoves, 9 mar 2017
A Xunta de Goberno Local deste xoves deu luz verde ao proxecto de reforma da estrutura e do pavimento do pavillón de Monte da Mina, en Castrelos. Abel Caballero explicou que investirá 260.000 euros na remodelación deste recinto polideportivo.
martes, 7 mar 2017
O acordo entre os concellos de Vigo e Pontevedra, a Deputación e as federacións española e galega de balonmán permitirá tamén que se celebre en 2018 o Torneo Internacional "Domingo Bárcenas", que contará coa presenza da selección española e doutras tres internacionais.