venres, 3 mar 2017
O alcalde recibiu este venres a deportistas viguesas, que lle entregaron o manifesto "A Igualdade dá Xogo" desde a "constatación" de que as mulleres teñen "máis presenza" no deporte. Caballero recordou que o Concello presta apoio "significativo" á promoción da igualdade e do deporte feminino.
venres, 3 mar 2017
A décimo-oitava edición da Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa Comarca celebrarase o vindeiro día 23, xoves, ás 20:00 horas no Centro Cultural Afundación.
xoves, 23 feb 2017
O concelleiro de Deportes advertiu ao afeccionado local que estea preparado este domingo (11:00 horas, Central das Travesas) para gozar da terceira edición do Trofeo Cidade de Vigo de baile deportivo.
venres, 17 feb 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a celebración este domingo da cuarta edición da Gran Bikedada, "un evento deportivo ciclista da maior importancia", resumiu o rexedor, e que sairá da zona do Náutico ás 9:00 horas para chegar ata o encoro de Eiras, en Fornelos de Montes, e voltar ao seu punto inicial.
xoves, 16 feb 2017
Abel Caballero presidiu este xoves a recepción que o Concello ofreceu aos responsables do Celta, do ucraniano Shakhtar Donetsk e da UEFA no Pazo de Castrelos con motivo do partido que enfronta aos dous equipos este serán en Balaídos. Na súa intervención, confiou na vitoria dos celestes e animou aos representantes do equipo e da UEFA a coñecer a cidade.
mércores, 15 feb 2017
O alcalde fixo entrega hoxe dos premios VIDE 2015/16 cos que a Fundación Vigo en Deporte recoñece a traxectoria do fútbol local.
martes, 14 feb 2017
O alcalde asinou hoxe martes senllos convenios coa Federación Galega de Taekwondo, co IES A Guía, con Down Vigo, Alborada, San Francisco, co CEIP Altamar e co IES Santa Irene, entidades que poden empregar de balde as instalacións deportivas da cidade. Caballero cifrou en 213.000 euros o apoio do Concello a distintas organizacións neste concepto.
luns, 13 feb 2017
O alcalde adiantou este luns o nome dalgúns dos deportistas e clubs que recibirán a homenaxe da cidade pola súa participación no circuíto de 10 carreiras que organizou o goberno municipal ao longo do ano 2016. <br />
xoves, 9 feb 2017
O Concello de Vigo, por medio do seu concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentou hoxe a undécima edición de Galiexpo Motor Show, a "meirande feira do motor do norte peninsular", segundo foi definida en sala de prensa e que está prevista para esta fin de semana.
xoves, 2 feb 2017
O concelleiro de Deportes presentou hoxe o Campionato de Galicia de grupos show, que este sábado se celebra en Vigo (17:30 horas) co patrocinio do Concello.