Escoitar

O alcalde recibe a Chus Lago e Verónica Romero trala súa expedición en Siberia

O rexedor trasladoulles a felicitación e o orgullo da cidade de Vigo ás deportistas e destacou publicamente "a heroicidade e a proeza do que significa ter feito esa marcha".

martes, 5 mar 2019
1551794436050319AlcaldeChusLago.JPG
Abel Caballero recibiu hoxe a Chus Lago, concelleira de Medio Ambiente, e a Verónica Romero para escoitar en directo a súa narración do que significaron os 25 días de travesía nos que cruzaron os máis de 600 quilómetros do Lago Baikal, en Siberia, a temperaturas de hasta 50 graos baixo cero.

O rexedor quixo trasladarlles a felicitación e o orgullo da cidade de Vigo ás deportistas, amais de destacar publicamente "a heroicidade e a proeza do que significa ter feito esa marcha". "Chus Lago é unha gran concelleira de Medio Ambiente e unha deportista de rango mundial e excepcional", declarou Caballero.
Descargar todas as imaxes