Cancelada a queima do Meco e os concertos deste martes na Porta do Sol
As previsións meteorolóxicas adversas obrigan ao Concello a suspender os actos festivos programados ao aire libre para este martes: a queima do Meco e as actuacións de Tony Lomba & Elio dos Santos e de Heredeiros da Crus. O concurso de disfraces se celebra na lonxa do Concello.