Escoitar

O Concello organiza un concurso de graffitis no programa "Vigo, cidade de cor"

Abel Caballero anunciou este luns a celebración das II Xornadas de Arte Urbana que forman parte do V Programa de Medianeiras e que incorporan un concurso de graffitis o 23 de marzo para o que xa está aberto o prazo de inscrición.

luns, 4 mar 2019
1551707671IIXornadasArteUrbana.jpg
O Concello comeza este mes de marzo a desenvolver as actividades do V Festival de arte urbana "Vigo, cidade de cor" dentro do programa municipal de medianeiras co que "seguiremos pintando e facendo grandes murais de valor artístico en tódolos lugares da cidade", expuxo o rexedor.

As II Xornadas de Arte Urbana van celebrarse os vindeiros 21, 22 e 23 de marzo no Museo Verbum con charlas, accións de arte contemporánea, música, danza e unha novidade: a batalla mural. Segundo avanzou o rexedor, trátase dun concurso de graffitis para o que un xurado seleccionará 10 artistas, que farán os seus debuxos en directo o día 23 no Verbum. Deses participantes sairá o gañador da batalla mural que "polo menos fará un dos murais do ano próximo" do programa de medianeiras.

O alcalde explicou que nesta edición, a cidade contará con "grandes valores internacionais" e que "estamos descubrindo canta xente de Vigo ocupa un lugar destacado na arte do graffiti en todo o mundo e queremos seguir incorporando esta mobilización" ao programa de embelecemento dos muros vigueses.

O prazo de presentación de solicitudes para participar na batalla mural abre mañá e estará activo ata o hasta el 14 de marzo no mail ofi.pg@vigo.org. A información completa está na web www.vigo.org.
Descargar todas as imaxes