Vigo celebra o Día Internacional das Mulleres cunha programación para todo marzo
Baixo o lema "Loita Feminista. Vivas. Libres. Unidas", o Concello organiza actividades en distintos puntos da cidade co obxectivo de dar visibilidade á muller e de loitar xunto con toda sociedade pola igualdade de dereitos en tódolos ámbitos.
A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, xunto a varias representantes do Consello Municipal da Muller de Vigo presentaron este venres o programa de actos para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller baixo o lema "Loita Feminista. Vivas. Libres. Unidas".
Uxía Blanco convidou a toda a cidade a sumarse á efeméride, especialmente este ano no que "apareceron voces na contra do movemento feminista e rexeitando a loita contra a violencia de xénero". Polo Consello da Muller, Raquel Doval explicou que un dos obxectivos deste ano é abranguer todos os públicos con proxeccións, contacontos, recital de poesía, actuacións musicais, roteiro literario... e Luisa Ocampo animou á cidadanía viguesa a participar o día 8 na concentración diante do MARCO ás 12 o na manifestación que parte ás 20 horas da Praza de España para dar visibilidade á muller e amosar que "se as mulleres paran a súa actividade, o mundo para".
A programación conta con diversas actividades para tódolos públicos: Xoves 7 de marzo ás 10:00 h — Pleno Específico do Consello Municipal da Muller. Salón de plenos do Concello.
-Xoves 7 de marzo ás 20:00 h — Proxección do filme " El orden divino". Auditorio municipal. Praza do Rei.
-Venres 8 de marzo ás 12:00h — Congregación de mulleres. MARCO. Ás 20:00 h — Manifestación polo Día Internacional das Mulleres. Desde a Praza de España ata a Porta do Sol.
-Sábado 9 de marzo ás 22:00 h — Entrega VII Premio de Igualdade "Ernestina Otero" á escritora María Xosé Queizán Vilas. A entrega terá lugar durante o transcurso dunha Cea que precisa inscrición previa. Hotel Coia de Vigo
-Martes 12 de marzo ás 20:00 h — Presentación e proxección do filme "Contraaluz". Longametraxe documental á que acudirá o seu autor Teo Manuel Abad xunto coas protagonistas. MARCO. Rúa Príncipe.
-Mércores 13 de marzo ás 19:00 h — Recital aberto de poesía de xénero. Con Iolanda Zúñiga. Casa Galega da Cultura. Praza da Princesa.
-Xoves 14 de marzo ás 17:15 h — Contacontos de igualdade para nenas e nenos a cargo de Paula Carballeira. Praza 8 de marzo.
-Venres 15 de marzo ás 20:30 h — Actuación do grupo "Habelas Hainas". MARCO. Rúa Príncipe
-Sábado 16 de marzo ás 11:00 h — Visita guiada ao Roteiro feminino "Sons de mulleres" a cargo de María Casar. Farase un percorrido polas distintas rúas da cidade que teñen relación coas mulleres e o movemento feminista. Paseo de Alfonso
-Venres 22 de marzo ás 20:00 h — Proxeccións de 3 curtas. "Consello municipal da Muller de Vigo. 25 anos facendo camiño" de Xisela Franco, "Benvidas ao club" de Carmen PG Granxeiro e "Conversa cunha muller morta" de Sonia Méndez. MARCO.
Para máis información, www.igualdadevigo.org.
Descargar todas as imaxes