Escoitar

O Concello cubrirá este verán o patio do CEIP García Barbón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este xoves no centro escolar o proxecto de cubrición do patio, para o que o goberno vigués adica 200.000 euros. Acordado coa dirección do colexio, as obras terán lugar este verán, ao remate do curso.

xoves, 28 feb 2019
1551362531cole.JPG
O alcalde visitou este xoves o CEIP García Barbón para presentar á dirección e alumnado o proxecto de cubrición do patio do colexio, para o que o Concello investirá 200.000 euros. O prazo estimado das obras é de tres meses.

O Concello, pese a ser unha competencia da Xunta de Galicia, xa cubriu os patios dos colexios Castelao, Carballal e Virxe do Rocío. Neste momento esta xa en obra a cobertura do patio do colexio Canicouva e proxecta ou tramita os de Balaídos e Pintor Laxeiro.

"Seguimos cos nosos compromisos cos patios cubertos", asegurou Caballero, quen deixou a decisión do momento de executar a obra nas mans da dirección do García Barbón, porque "nós xa temos todo listo para comezar e podería estar feito en tres meses". Os responsables do colexio, en acordo co goberno vigués, decidiron que as obras comecen ao remate do curso escolar.
Descargar todas as imaxes