O Pleno Municipal de Vigo insta á Xunta a facilitar a ampliación do polígono industrial de Balaídos
A moción solicitando que o Plan Estratéxico da Automoción recolla programas específicos e dote de solo industrial á cidade saíu adiante cos votos a favor do grupo municipal socialista. Tamén aprobouse outra proposta do PSOE para conexión ferroviaria do Corredor Atlántico.
O Pleno Municipal do Concello de Vigo instou este mércores á Xunta de Galicia a que no seu Plan Estratéxico de Automoción, que recolle programas específicos, facilite a dispoñibilidade de solo empresarial para a ampliación do Polígono Industrial de Balaídos. A proposta do grupo socialista saíu adiante cos votos do PSOE e coa abstención de PP e Marea de Vigo.
"O sector da automoción é central na economía de Vigo e no conxunto de Galicia, con preto de 19.000 empregos directos, polo que resulta imprescindible loitar contra a redución de custes asociada á deslocalización", sinalou a concelleira María José Caride durante a defensa da súa moción. Caride solicitou así a implicación da Xunta na posta a disposición de solo industrial en favor da ampliación da factoría de PSA Peugeot-Citroën.
Pola súa banda, a "popular" Teresa Egerique defendeu o traballo do goberno autonómico no sector da automoción e criticou que o Concello non desenvolvera "nin un metro de solo durante os doce últimos anos".
Rubén Pérez, por parte de Marea de Vigo, negou que PSA solicitara ou necesitara tal ampliación, á vez que pediu ao goberno local que esixa aos responsables da multinacional que os esforzos beneficien á plantilla.
Conexión ferroviaria
Ademais, o Pleno Municipal tamén aprobou unha moción instando á valoración do proxecto do Goberno de España que permitirá desenvolver a integración da conexión ferroviaria para o transporte de mercadorías entre o Porto de Vigo e a rede europea TEN.T, demandando da Xunta de Galicia toda a cooperación institucional e administrativa. A proposta recibiu o visto e prace cos votos do PSOE e a abstención de PP e Marea de Vigo.