O Concello insta á Xunta a ceder unha parcela do Álvaro Cunqueiro para construír outro aparcamento gratuíto
O edil Carlos López Font defendeu a necesidade de prazas de aparcamento de balde, tras a negativa da Xunta á petición de cesión da parcela e tras a inauguración do aparcamento municipal con capacidade para 400 coches. O Pleno tamén deu luz verde á moción do grupo popular que pide promover 4.000 prazas de aparcadoiro na cidade.
Pleno Municipal aprobou este mércores a moción do grupo socialista, co apoio de Marea de Vigo e a abstención do PP, na que insta á Xunta de Galicia á cesión da Parcela 5 do Proxecto Sectorial do Hospital Álvaro Cunqueiro para que o Concello proceda á construción dun novo aparcadoiro municipal gratuíto.
Carlos López Font expuxo que o Concello construíu o aparcadoiro de 400 prazas gratuítas dadas as reiteradas negativas da Xunta de Galicia a dispoñer para a cidadanía as 2.000 prazas do aparcamento de pago. Tras a negativa da Xunta á cesión da parcela alegando futuros desenvolvementos, sinala Font que "nos vindeiros quince anos non se vai facer dotación algunha. Negan a parcela para contentar á concesionaria".
O popular Miguel Fidalgo cualificou de "electoralismo puro" a moción, mentres Rubén Pérez sinalou que tanto a Xunta como o Concello teñen terreos de sobra para facer aparcamentos cando queiran. López Font engadiu que, no caso de que a Xunta precise a parcela para desenvolvementos futuros, o Concello devolveríaa.
4.000 prazas de aparcamento
Con 6 votos a favor e as abstencións do grupo socialista e de Marea de Vigo, quedou aprobada este mércores a moción do grupo municipal popular que insta a promover a dotación de 4.000 novas prazas de aparcadoiro, con especial atención aos residentes, mediante a construción de novos aparcamentos en diversos puntos da cidade.
Segundo expuxo Diego Gago, esta é unha preocupación que lles trasladou a cidadanía do Casco Vello que di vivir nun "calvario". Rubén Pérez de Marea de Vigo apuntou que en Europa e noutros países están noutra cousa, que é reducir o número de coches que entran nas cidades cunha soa persoa. Mentres, María José Caride, criticou as incongruencias do Partido Popular que fai a petición de construír un aparcamento no asilo na mesma semana na que se aproba a orde de derribo para o edificio e que pide prazas en Navia cando é un ámbito da Xunta de Galicia.