Escoitar

Caballero acepta a invitación de Heredeiros da Crus para cantar "Halleluya" no concerto do Martes de Entroido

As previsións meteorolóxicas obrigaron a cambiar este luns o escenario da programación do Entroido e os obradoiros celebraranse na lonxa do Concello en lugar de na Porta do Sol. O alcalde anunciou en rolda de prensa que acepta a invitación do grupo Heredeiros da Crus, que actúan no concerto do martes, para cantar xuntos o "Halleluya".

luns, 4 mar 2019
1551705695020319DesfileComparsas_011.jpeg
"Acabo de ver un vídeo no que Heredeiros da Crus convídame a cantar o "Halleluya" con eles, pois acepto, acepto o reto. Ensaiarei un pouco en casa, pero os retos os acepto". O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que sairá este martes ao escenario da Porta do Sol para cantar unha canción co emblemático grupo de Ribeira.

O concerto será o martes (23:00 horas) despois da actuación de Tony Lomba & Elio dos Santos (21:30 horas) e a Queima do Meco (22:30 horas). O rexedor fixo bromas sobre a invitacións e sinalou que "en vez de levantarme ao día seguinte ás 07.00 horas fareino ás 07.05 horas".

Pola súa banda, os actos previstos para a tarde do luns na Porta do Sol (obradoiros e chocolatada) e o martes diante do MARCO (concurso de disfraces) trasládanse á lonxa do Concello debido á previsión de choiva durante os dous días.
Descargar todas as imaxes