luns, 4 mar 2019
Abel Caballero viaxa este luns a Madrid para entrevistarse co secretario de Estado de Infraestruturas, Pedro Saura, con quen abordará a marcha dos principais proxectos que ten o Ministerio coa cidade: a rehabilitación da muralla do Castro, a humanización da Avenida de Madrid, o túnel da autovía a Porriño, o AVE e a estación de Urzáiz, ademais da Vía Verde, xa en obras.
luns, 4 mar 2019
As previsións meteorolóxicas obrigaron a cambiar este luns o escenario da programación do Entroido e os obradoiros celebraranse na lonxa do Concello en lugar de na Porta do Sol. O alcalde anunciou en rolda de prensa que acepta a invitación do grupo Heredeiros da Crus, que actúan no concerto do martes, para cantar xuntos o "Halleluya".
luns, 4 mar 2019
Abel Caballero anunciou este luns a celebración das II Xornadas de Arte Urbana que forman parte do V Programa de Medianeiras e que incorporan un concurso de graffitis o 23 de marzo para o que xa está aberto o prazo de inscrición.
O prazo de inscrición abre o 4 de marzo
luns, 4 mar 2019
O Concello de Vigo informa de que o vindeiro 9 de marzo a un paseo literario guiado por Francisco Castro, autor da novela "Tes ata as 10", que nos levará polos principais espazos onde transcorre a trama.