O alcalde asinou a rehabilitación das murallas de Castro con Fomento, que elevará o investimento para a Avenida de Madrid
Abel Caballero amosouse este martes "encantado" coa reunión celebrada en Madrid co secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Pedro Saura, viaxe da que volveu coa rehabilitación da fortaleza rubricada e co compromiso de Fomento de aumentar o investimento para humanizar a Avenida de Madrid.
O alcalde valorou este martes a reunión celebrada na tarde de onte en Madrid, da que saíu "encantado" polos compromisos adquiridos polo Ministerio de Fomento nos temas que competen á cidade.
Así, Caballero puxo en valor que a rehabilitación da muralla do Castro é unha "realidade" xa asinada onte nun convenio entre o Concello e o Ministerio, por importe total de 835.000 euros. Ao estar rubricado, o acordo é "operativo e irreversible", subliñou.
En segundo lugar, o alcalde deu conta da mellora do proxecto de humanización da Avenida de Madrid, vial titularidade do Ministerio que será reformado ata a Praza de España. Caballero recordou que existe un convenio firmado por 10 millóns ao que o goberno vigués quixo incorporar melloras no proxecto ao ser a avenida completamente "urbana", entre estas, novo saneamento, abastecemento, zonas verdes, iluminación, esculturas e unha fonte, unha addenda por valor de 4,4 millóns.
Detallou o rexedor que a proposta municipal estaba "técnicamente aceptada" pero faltaba pechar o financiamento. Pese a ser cuestións urbanas, Abel Caballero conseguiu do secretario de Estado que o Ministerio de Fomento eleve a inversión inicial e se manteñan as proporcións acordadas: dous terzos (9,6 millóns) a cargo do Goberno de España e o terzo restante (4,8 millones), abonados polo Concello. A administración local será ademais a encargada de licitar, contratar e dirixir esta obra, chamada a ser unha das humanizacións máis importantes da cidade, unha "entrada notable" de Vigo.
Infraestruturas
Caballero e Saura tamén pasaron revisión á situación da Alta Velocidade de Vigo a Ourense por Cerdedo. A licitación do estudo hidroxeolóxico foi publicado no BOE do pasado 5 de febreiro e o alcalde avanzou que o luns, 11 de marzo, péchase o prazo de presentación de ofertas ao contrato.
Por outra banda, no tocante ao túnel de saída da autovía Vigo-Porriño, Abel Caballero coñeceu onte en Madrid que o goberno de Mariano Rajoy, segundo explicou este martes, deixou caducar a avaliación do impacto ambiental deste tramo que xa estaba realizada, algo "tremendo" polo que pediu "explicacións". O actual Goberno de España, engadiu, está a recuperar o posible do estudo básico para volver solicitar o análise ambiental do túnel.
Descargar todas as imaxes