Escoitar

O rexedor define a Gala do Deporte de Vigo como "o evento da meirande importancia"

A vixésima Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca celébrase o vindeiro xoves día 14 ás 20:30 horas no Teatro Afundación, o escenario histórico deste evento anual que impulsa o Concello co apoio de Faro de Vigo e Abanca.

martes, 5 mar 2019
1551806064IMG_6841.jpg
Abel Caballero presentou este martes a Gran Gala do Deporte de Vigo, acompañado por Luis González, director comercial de Faro de Vigo; Óscar Rodríguez, director de zona Vigo Sur de Abanca; e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández. O rexedor admitiu que a gala "é un evento deportivo da maior importancia, diría que o da meirande importancia" e explicou que optan corenta e tres deportistas aos premios masculino e feminino absolutos (28 homes e 15 mulleres) e trinta promesas, quince rapazas e quince rapaces aos sub-19. Todas e todos, a proposta das súas federacións deportivas.

O alcalde desvelou que o presentador da gala será Jacobo Buceta e que o Premio Especial do Xurado será para Judith Rodríguez (esgrima) "unha gran campioa e un exemplo de superación tralo seu accidente de tráfico", dixo.

Ademais, a Gran Gala recoñece nas súas Mencións Especiais a Roi Rodríguez (piragüismo), Luis Bugallo (vela), Tone Pérez e Laura Llópiz (vela), Samuel Meilán e Nerea Alamancos (taekwondo), Miguel Méndez (baloncesto) e Elías Domínguez (atletismo) no apartado de deportistas, a esa lenda chamada Álvaro Pino (ciclismo), as empresas Kaleido e Mar de Ons, aos directivos Aalí Mohamed (baloncesto, Seis do Nadal) e Manuel Conde (fútbol sala, Casa Paco), á Peña Trevinca polo seu 75 aniversario, a Martín Errecalde polo seu apoio ao Voluntariado deportivo e a Ángela Molins (baloncesto, Celta Bosco) como destacada seareira.

Os representantes de Abanca e "Faro" amosáronse "encantados de colaborar cun evento que trascende o deportivo", entenden que o deporte "aglutinan os valores que queremos como a dedicación, o esforzó e o compañeirismo" e amosaron o seu desexo de "seguir renovando este compromiso co deporte de Vigo e a súa Comarca" para "darlles o máximo protagonismo aos deportistas".

A gala é a forma de recoñecer a acción e actividade dos deportistas e tamén da organización do deporte en todo o ámbito do gran Vigo e a súa comarca no seu conxunto de área metropolitana", sostivo o rexedor na rolda de prensa de presentación da entrega de premios.

Caballero quixo "enfatizar que esteamos xuntos" (Concello, Faro e Abanca) "porque é un xeito de transmitir núcleos centrais constitutivos da historia da cidade, do seu presente e do futuro, esta vez unidos en torno a algo tan importante como o deporte. Está a haber unha revolución do deporte no mundo e Vigo non é una excepción", dixo.

Presentada por Jacobo Buceta e co humorista gráfico Luis Davila debuxando, co que "nos manterá máis atentos aos seus debuxos que ao que facemos alí", dixo cun sorriso o rexedor, a gala na que se van coñecer os e as catro mellores do ano 2017 (categoría masculina e feminina absoluta e tamén promesa) porá o punto final a sete días de acción paralelas. De feito, Abel Caballero anunciou que "imos diversificar a gala cunha recepción a deportistas promesas e outra para recoñecer ás empresas patrocinadoras do deporte". En principio, este xoves terá lugar o encontro cos patrocinadores e o vindeiro luns, a recepción oficial coas e cos deportistas promesas na Alcaldía.

As federacións deportivas autonómicas presentaron 46 candidatos ao premio absoluto masculino e feminino (28 homes e 18 mulleres) e 25 ao de mellor deportista promesa (14 rapaces e 11 rapazas). O rexedor lembrou que a participación é "moi importante a nivel masculino e cada vez máis importante a nivel feminino", explicando que 22 dos 46 deportistas sénior "participaron en competicións internacionais, o que sinala un alto nivel" do deporte da comarca. Na lista de aspirantes figuran catro deportistas que xa gañaron o título de mellor deportista de Vigo e a súa comarca: Gonzalo Araújo (vela, 2012), Susana Rodríguez Gacio (triatlón, 2014 e 2015), Xisela Aranda (squash, 2011) e María Bernabeu (judo, 2017).

En promesas, con oito deportistas campións e campioas de España (e once dos vinte e cinco en campionatos internacionais), opta á defensa do título Iria Rodríguez (tríatlon), vencedora na edición anterior.

O rexedor tamén avanzou que haberá ata quince mencións especiais do xurado, tres para entidades deportivas polo seu aniversario (Montañeros Celtas, 75 anos; Caselas FC, 50; Balonmán Chapela, 50) e unha polo seu ascenso (Rápido de Bouzas, de Terceira a 2ª B); catro para patrocinadores (Syngenta, +Visión, Talleres ABC e Viaxes Zonda), tres para traxectorias deportivas (Pablo Cabello e Javier Lago, campións do mundo de Vaurien; e María Pérez Araújo, campioa de Europa sub-20 e MVP do torneo); unha para o mellor evento (a Challenge Cup de baloncesto en cadeira de rodas organizada e gañada polo Amfiv) e tres para directivos: José Manuel López (expresidente do Sárdoma CF), Horacio Barros (presidente do Club Ciclista Spol) e Carlos Martínez Vaqueiro, director da área de Planeamento Deportivo do Oporto.

Pola súa banda, Costa dixo que para "Faro de Vigo" era "una honra organizar un ano máis esta festa do deporte conxuntamente co Concello e Abanca" e suliñou que a cabeceira "mantén o seu compromiso diario co deporte e cos deportistas nas súas diferentes modalidades". Soto asegurou que Abanca aposta polo deporte formativo "converteuse nun dos grandes actos da nosa cidade, que transcende moito máis aló da súa implicación no mundo do deporte, é un punto de inflexión para homenaxear o traballo ben feito e a dedicación moitas veces non recoñecida de tantos veciños e veciñas".
Descargar todas as imaxes