A Vigo Bike Contest celébrase este domingo en Fragoselo con récord de participación
Este mércores presentouse o evento, no que o alcalde animou a seguir esta proba de ciclismo de montaña xa que é "todo un espectáculo".
Este domingo celébrase en Fragoselo unha nova edición da carreira de ciclismo de montaña Vigo Bike Contest, que organiza Singletrack Outdoor Sports co patrocinio do Concello. A proba, que se celebra ininterrompidamente desde o ano 2000 conseguiu nesta edición récord de participación con 220 inscritos de Galicia, Asturias, Castela-León e Portugal. O alcalde deu sorte aos participantes desta dura carreira e animou aos vigueses a seguila xa que "é todo un espectáculo".
Guillermo Janeiro, da organización, explicou que se trata dunha proba formada por catro tramos cronometrados individuais e unha cronometrada en grupos de 20 corredores. Este ano, indicou, ofrecen como novidade dúas opcións: Enduro Pro, que son 22 quilómetros de pura competición cun desnivel de máis de 1.000 metros (saída ás 8.45 horas) e Enduro Experience, "para dar unha oportunidade aos que queiran empezar con esta disciplina cunha marcha popular non competitiva de 18 quilómetros" (saída ás 10 horas).
A saída e a meta volven a Fragoselo tras un ano en Saiáns e outro no monte Vixiador. Por iso o lema deste ano é "Home, sweet home". Ademais da competición desta fin de semana, Vigo Bike Contest programa para o próximo 28 de abril a Transgalaica, que é un maratón de BTT de 56 km nos montes de Candeán