O goberno de Vigo reedita os acordos para financiar as ludotecas de Lavadores e Coruxo

Abel Caballero informou este mércores da sinatura dos convenios coa asociación veciñal de Lavadores e co CRAC de Coruxo para continuar con estes espazos de ocio e dinamización infantil. En total, o Concello adica ao efecto 52.500 euros.

mércores, 6 mar 2019
O alcalde rubricou este mércores os convenios coa Asociación de Veciños de Lavadores, por 28.000 euros, e do CRAC de Coruxo, por outros 24.500 euros, acordos que "cada ano renovamos" coas entidades, explicou Caballero, para posibilitar o desenvolvemento das súas ludotecas.

Ambos espazos funcionan "marabillosamente", anotou o rexedor, e ofrecen un espazo de ocio e dinamización infantil gratuíto para os nenos e nenas. O de Lavadores está emprazado en Ramón Nieto 302 e o de Coruxo, no colexio A Paz Tintureira.