Escoitar

O rexedor dá o seu apoio ao Club Ciclista Rías Baixas na súa nova andaina

Abel Caballero participou este venres na presentación da nova temporada do Club Ciclista Rías Baixas e do seu proxecto para acadar o reto de formar un equipo profesional. O alcalde deu o seu apoio á entidade e destacou o esforzo que fai o Concello de Vigo tanto co deporte de elite como de base.

venres, 23 nov 2018
1542981854231118AlcaldeCCRiasBaixas.JPG
"Estamos ante un proxecto sólido que nos agrada moito, temos unha importante implicación co deporte de base e de elite", destacou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a presentación da nova temporada e o novo proxecto do Club Ciclista Rías Baixas.

Nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por Agustín Gándara, del Bufete Gándara Moure, y José Luis Chamorro, presidente del Club Ciclista Rías Baixas, o rexedor mostrouse disposto a dialogar e estudar a forma en que se pode colaborar.

Caballero recoñeceu o esforzo de patrocinadores como o Bufete Gándara e incidiu en que a cidade de Vigo está a dar grandes pasos nos últimos anos en favor do deporte do ciclismo e para introducir as bicicletas na cidade a través do carril bici.
Descargar todas as imaxes